* Servizo de recollida de cartón para os comerciantes

Os comerciantes, pola súa propia actividade, tenden a xerar un maior volume de cartón que calquer cidadán. Para evitar a masificación dos colectores de selectiva papel-cartón, o Concello de Monforte de Lemos pon a disposición dos comerciantes uns puntos onde depositar o cartón entre as 20:00 e as 22:00 horas, de luns a sábados (agás festivos). A continuación informamos deses puntos:

Mapa da recollida

COMERCIANTE RECORDA: Este servizo é exclusivo para a recollida do cartón que xeres no teu negocio. Non deposites plásticos, embalaxes, poliespán, papeis ou claquer outro resíduo que non sexa cartón. Respecta os horarios para que a nosa cidade esté máis limpa.

CLICK NO MAPA PARA AMPLIAR 

 

Podes consultar as distintas direccións de recollida facendo click aquí