* Servizo de varrido mixto

Esta máquina dispón de diferentes cepillos e dispositivos para realizar a tarefa de varrido de beirarrúas, zonas peonís, prazas e espacios públicos pavimentados. Os residuos son conducidos ó interior do depósito da máquina, mediante un sistema de aspiración que consegue un caudal de aire de 10.020 m³/h. Vai acompañada dun operario que utiliza unha sopladora para conducir os resíduos cara o aspirador.

* Servizo de baldeo mixto

A función desta máquina é subministrar, mediante a cisterna dotada de dispositivos adecuados, auga para realizar un baldeo manual de beirarrúas, paseos e calzadas, así como debaixo dos vehículos naquelas zonas onde non existan bocas de rego.