* Servizo de varrido mecánico O varrido mecánico é a limpeza das beirarrúas ou calzadas mediante unha maquina varredora con sistema de aspiración. Realizase en beirarrúas sen elevada densidade de mobiliario urbano que impida o paso da maquina varredora e sobre todo nas rúas de moita circulación. Esta máquina elimina rapidamente a sucidade, o lixo lixeiro e follas caídas das árbores. Esta labor faise por medio de dous cepillos laterais e unha forte turbina de aspiración. Para evitar o erguemento de pó, a varredora dispón duns mecanismos pulverizadores de auga que humedecen a zona anterior ó varrido, de modo que cando o cepillo actúa, non se provoca poeira. |
|
* Servizo de baldeo mecánico O baldeo mecánico consiste no lanzamento de auga a presión sobre as calzadas, beirarrúas, e superficies amplas pavimentadas, especialmente nas proximidades dos bordos, mediante un camión cisterna ou mediante unha autobaldeadora de alta presión, co fin de arrastrar os residuos e desperdicios os cales recolleránse nas operacións de varrido. Esta máquina permite baldear mecánicamente as calzadas con ou sen aparcamentos, moi especialmente na súa zona máis próxima ós bordos, mediante o lanzamento de auga a presión. |
|