* Servizo de CUBEO no casco urbano

O cubeo é un innovador sistema de recollida do lixo cada vez máis demandado polos  concellos,  e  ten como  fin  eliminar  os  tradicionais  colectores  de  lixo, pequenos  vertedoiros  a  carón  destes, e sobre todo, conseguir que o lixo esté presente  nas  nosas  rúas  o  menor  tempo  posible.  Cada día desde as 19:00 horas,  os servizos municipais emprazarán uns cubos nas proximidades do teu domicilio,  para  que  poidas  depositar  o  teu  lixo,  sendo  éstes  retirados  a partires das 23:00 horas.

 

* Servizo de recollida no resto do municipio

No extrarradio do casco urbano e nas parroquias do rural, o servizo préstase mediante a ubicación permanente dos colectores.

Recorda que neste colector debes depositar o lixo en bolsas e non olvides facer uso das illas de reciclaxe.

 

A túa colaboración é indispensable; respecta os horarios, non deixes o lixo no chan e deposita os residuos orgánicos en bolsas.